Efemérides Sabela
Invención do cinemascopio: 1920 Cúmprense 100 anos da invención do cinemascopio, un aparello que supuxo unha gran innovación no ámbito audiovisual. O cinemascopio é un sistema de filmación inventado por Henri Chrétien baixo o nome de Anamorphoscope e rebautizado como Cinemascopepola produtora 20th Century Fox. Este emprega imaxes amplas que se conseguen comprimindo unha imaxe normal nun cadro de 35mm para que logo se descomprima durante a proxección. Así lograrase unha proporción que pode variar entre 2,66 e 2,39 veces máis ancha que alta. Para levar a cabo isto, eran necesarios lentes anamórficos que eran empregados nas cámaras e aparellos de proxección. A primeira película estreada en cinemascopio foi The Robe , aínda que a primeira película rodada en cinemascopio foi How to Marry a Millionaire , que foi estreada uns meses máis tarde. Posta en vixencia do Tratado de Versalles Cúmprense 100 anos da posta en vixencia do Tratado de Versalles , o 10 ...