Laura Martínez


HARIBO Logo
Logo da páxina oficial de Haribo

Haribo: “Dulces sabores para pequeños y mayores


A famosa marca foi rexistrada o 13 decembro de 1920 por Hans Riegel en Alemaña, cun capital inicial de un saco de azucre, unha placa de mármore, un taburete, unha cociña de pedra, una caldeira de cobre e un rodete. E ata o día de hoxe <<tiveron a capacidade de sosterse no imaxinario e na memoria do padal de todos>> (Ayala, 2017). Rexurdindo despois do peche pola Segunda Guerra Mundial e tras a morte do seu fundador, chega ata nós cun mensaxe de maxia e sabor que engaiola aos máis pequenos, como di un dos seus famosos slogans: Haribo hace feliz a los niños. Nos seus inicios tivo un gran éxito, dez anos despois do seu nacemento contaba con 160 empregados e trece anos despois coa necesidade de ampliar a planta principal que contou con 400 empregados. O seu produto máis recoñecido son os ‘ositos de oro’, pero tamén producen regalices, nubes, ‘coca-colas’, etc. Sen duda é unha marca que chegou ao corazón (e estómago) de todos 





Do secado ao aire libre ao secado de aire quente



Wikipedia
A pesar de ser inventado por Alexandre Godefoy en 1890, non foi ata 1920 cando saíron ao mercado os primeiros secadores de pelo portátiles producidos polas compañías Universal Motor Company e Hamilton Beah, e que eran <<grandes, robustos e con frecuencia sobrequentábanse>> (Dadeaslus, 2016). Este invento deu inicio ao camiño da facilidade de poder secarse o pelo en pouco tempo. Este primeiro modelo é moi diferente aos que coñecemos hoxe que son de larga duración xa que non se sobrequentan e teñen unha maior potencia; son máis lixeiros, que é importante porque é un aparello que podes levar a todas partes; secan o cabelo nuns poucos minutos, algo que era imposible de conseguir hai 100 anos. O secador a día de hoxe usamolo todos os días e que a parte de secar o pelo podemos usalo por exemplo, para secar unha camiseta na cal nos acaba de caer un vaso de auga.





Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Unha idea simpática. Pero foi a primeira fábrica deste estilo en europa e no mundo. E agora cal é a súa situación no mercado. Hai que relacionar a efemérides co momento actual. Un conxunto dos osos como imaxe estaría ben.
Tamén o do secador. E ben o uso de citas, sen embargo non se usan os signos maior e menor >>. Mellor, usar as comiñas inglesas antes que <<
AYALA, Carlo. Breve historia de las marcas: Haribo [blog]. bienpensado.com, 2017 [consulta: 17 febrero 2020]. Disponible en: https://bienpensado.com/breve-historia-de-las-marcas-haribo/ (así debería estar a referencia¡
DADEASLUS. El secador y su historia. Coolman, 22 de mayo de 2016 [consulta: 17 febrero 2020] . Disponible en: http://www.coolman.es/2016/05/22/el-secador-y-su-historia/. (así sería a referenciaa...)

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela