Alicia Rey Vigo
UNHA NOVA
ARTE PARA UNHA NOVA DÉCADA
O Art decó é unha
abreviatura que ven do francés “Arts Décoratifs”, é dicir, “artes decorativas”.
Foi un dos grandes movementos artísticos do século XX. Naceu en París en 1920 na época modernista, e
debido á súa importancia prolongouse ata o 1940.
Esta corrente reflectía algúns ismos de vangarda como o
cubismo, e o futurismo. Pero volvía ao pasado ao facer diversos guiños ao
Antigo Exipto. Se basaba en corpos xeométricos que se mesturaban con esferas, liñas
rectas e zig-zags.
Este tipo de arte influenciou en diversos ámbitos como o
deseño (de interior, gráfico e industrial), na arquitectura, no cine, no
grabado, na pintura e na moda.
A HISTORIA A TRAVÉS DA LEXIÓN
A HISTORIA A TRAVÉS DA LEXIÓN
Legión española:
É unha forza militar española cuxo
nome orixinal era O Tercio dos Extranxeiros, e formouse co fin de loitar na
guerra de Marrocos. O reclutamento forzoso eliminouse en España e foi
substituido por esta forza militar. Antes os soldados non tiñan a suficiente formación
e por consecuencia había numerosas baixas. Podemos dicir que esta forza pasou
por todas as etapas da historia de España desde a súa creación.
Se considera que o día de nacemento da lexión foi o 20 de
septembro de 1920, que foi o día no que se anotou o primeiro lexionario. Pero esta
forza xa estaba creada dende o 28 de xaneiro coa aprobación do Real Decreto no
reinado de Alfonso XIII, sendo Ministro de Guerra don José
Villalba.
Comentarios
É simpático duas opcións tan dispares, pero ambas precisan de máis expansión, extensión por que teñen actualidade e significado agora mesmo.
Que, quen, cando, onde, como, por que e efectos ou consecuencias...
Hai que economizar a linguaxe, pero hai que explicar ben as ideas...