Max Weber e Benito Pérez Galdós


100 anos da morte de Max Weber, o pai da socioloxía moderna.

Este sociólogo e historiador alemán era considerado, xunto con Karl Marx e Emile Durkheim con este sobrenome, e o 14 de xuño 2020 cumpriranse 100 anos do seu falecemento.

Max Weber foi un gran intelectual da súa época, e grazas ao prestixio que acadou na súa profesión, entre outros méritos, foi conselleiro cando se negociou a rendición do país en Versalles en 1918.
A obra que máis cabe destacar deste sociólogo é A ética protestante e o espírito capitalista (1905), un ensaio no que expón que o nacemento do capitalismo foi posible no continente europeo debido ao compoñente racional da relixión protestante, xa que as demais carecían do mesmo en favor dun compoñente místico que non favorecía ao auxe do comercio. Weber escribía, ao igual que algúns dos seus coetáneos, desde un punto de vista eurocentrista, e pretendía responder á pregunta: como conseguiu Europa superar dun xeito tan radical ao resto do mundo?, o grande enigma do mundo moderno.
Polo tanto, Weber foi un pioneiro á hora de investigación da relación humana entre a economía e o seu marco cultural, e a pesares de que xa se observan novas perspectivas de sociólogos contemporáneos, a súa aportación segue sendo o suficientemente relevante como para poder manter a súa memoria e o seu pensamento na actualidade.
Fotografía 1: Max Weber

Centenario da morte do “realista de almas”, Benito Pérez Galdós

Neste pasado 4 de xaneiro de 2020 cumpriuse o centenario da morte de Benito Pérez Galdós, un dos autores do realismo literario máis importantes no ámbito da literatura tanto española coma europea.

Un dos resgos que máis o fixo destacar como escritor realista foi a súa perspicacia coa observación, ata tal punto que era coñecido como un “realista de almas”, debido a como era capaz de plasmar aos personaxes e lugares das súas historias cunha habilidade pouco común entre os autores máis relevantes de todos os tempos.
El mesmo dividiu a súa obra en cinco grupos, e as súas obras con maior calidade foron as que pertenceron ao terceiro, chamado “Novelas españolas contemporáneas”, que se corresponden coas realizadas a partir de 1881, e que contribúen a unhas das mellores propostas da literatura española da época.
Por todo o mencionado, Benito Pérez Galdós foi un dos autores desta corrente literaria europea mais representativa e de calidade, de tal xeito que algúns dos seus libros continúan sendo unha referencia literaria en pleno século XXI.
Fotografía 2: Benito Pérez Galdós

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Cal é o signficado na actualidade das dúas personalidades.
en torno a Pérez Galdós nestes días houbo un intercambio de formulacións de distintos autores españoles sobre a súa figura: uns defendendo as súas achegas e outros denostando a súa literatura... almudena Grandes, Javier Cercas, Muñoz Molina, Javier marías... que se poñen a analizar a súa pervivencia no panorama actual literario... E que escribiu, e que libros representaban as súas etapas....
é as valaracións da obra, da produción dos artistas habería que encadrala en fontes, con citas...
Anónimo ha dicho que…
Está ben as indicacións sobre as imaxes, incluidas as fontes¡

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela