Eira Losada Fernández

ENTRADA EN VIGOR DA LEI SECA EN ESTADOS UNIDOS


O 16 de xaneiro de 1920 conságrase en Estados Unidos a Lei Seca, unha lei que prohibiría a destilación e distribución de alcohol ata a súa derrogación en 1933.
Vista dende o futuro, está claro que esta lei foi un rotundo desastre, xa que lonxe de cumplir o seu obxetivo inicial (controlar o consumo de alcohol e promover unha vida digna e saludabel) conseguiu todo o contrario. Aumentou a criminalidade e o contrabando que, xunto coa corrupción política, estaban á orde do día.

O curioso disto é que 100 anos despois existen en Estados Unidos campañas para volver a instaurar esta lei, aínda que os propios grupos saben que tardarán bastante tempo en ter suficiente peso. A pesar disto Estados Unidos está plagado de “rexións secas” onde o alcohol está moi restrinxido, ademais de ter múltiples leis estatais que limitan o seu consumo. Alí alcohol segue moralmente mal visto por grande parte da sociedade, ademais de ser o país coa idade de consumo legal de alcohol máis alta (21 anos).



INSTAURACIÓN DO MANDATO BRITÁNICO DE PALESTINA 


Durante a Primeira Guerra Mundial os británicos fixeron dúas promesas en relación aos seus territorios en Oriente Medio. Primeiro prometéronlle aos árabes a creación dun Gran Estado Árabe Unido e en segundo lugar aseguran a fundación dun “Fogar Nacional Xudío”, segundo se estrablecera na Declaración de Balfour en 1917.
En 1920 a Sociedade das Nacións asignou o mandato británico sobre Palestina. Este territorio inclúia o que máis tarse sería o estado de Israel, a franxa de Gaza, Cisxordania, parte dos Altos do Golán e o Reino de Xordania. 

Na primavera de 1948 os xudíos controlaban o seu territorio e ocupaban impotantes posicións estratéxicas no territorio árabe. Dende esa posición de poder, proclamaron o Estado Xudío de Israel, que foi recoñecido pola URS e os EEUU. Ao día seguinte retíranse os británicos, exitinguindo o mandato. Despois disto iníciase o conflito con Palestina, unha guerra que aínda hoxe non rematou.




Comentarios

Anónimo ha dicho que…
as imaxes requiren identificación.
son feitos con interese, con algunhas películas sobre os feitos. Poderíanse relacionar. E as bolsas de papel para ocultar as botellas...

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela