Nerea Losada González
REPRESENTANTE DO EXPRESIONISMO ABSTRACTO
Enrico Accatino, nado fai 100 anos, concretamente, o 20 de agosto de 1920 en Génova, foi un dos representantes do expresionismo abstracto europeo.
As súas obras expóñense en galerías e museos tales como: a Galeria Nacional de Arte Moderno de Roma, a Fundación Simón Wiesenthal de Los Ángeles, as Coleccións Permanentes de Arte Moderno dos Museos Vaticanos e o Museo de Escultura Contemporánea de Matera. Ademáis, en 1980 recibiu a Medalla de Oro como Benemérito da Educación, da Cultura e da Arte dada polo presidente de la República Italiana. Finalmente, morre o 11 de xullo de 2007 en Roma.
No seu inicio, a súa pintura caracterizabase polo costumbrismo, reflexando á súa cidade: Moferrato. Pero foi despois desta etapa más realista cando cambiou cara a abstracción. Realiza una pintura severa que sorprende ao mercado, permitindo afianzalo como un dos grandes maestros do informalismo. A súa etapa cume, dáse nos sesenta. A súa obra caracterizase polas formas circulares: círculos, aros, discos, etc.; pero tamén pola búsqueda de textura mediante collages.
Accatino, experimentou con varias técnicas expresivas, entre elas o tapiz, promovendo o Fiber Art por toda Italia, representando ao país na primeira Binenal da Tapicería de Lausana. Daquela, fixo unha "proposta aos arquitectos", un verdadeiro manifesto da arte textil.
Enrico Accatino, Café Greco, 1949. |
EN BUSCA DO MOVEMENTO
O 5 de marzo de 1920 publícase o Manifesto Realista por Naum Gabo e Antoine Pevsner. Este manifiesto supón o establecemento das ideas do Constructivismo.
O Constructivismo é un movemento artístico que se fai especialmente presente despois da Revolución de Outubro de 1917. As ideas do Constructivismo reflexadas no manifesto son as seguintes: Primeiro, a idea da estética da masa fronte a estética das liñas e planos; na pintura, rechazan a cor como elemento pictórico; renuncian ao volume como forma espacial, pictórica e plástica; rechazan á masa como elemento escultural; e por último, defenden a búsqueda da sensación de movemento mediante ritmos cinéticos.
A partir de este escrito, xurdiron dúas tendencias: Unha liderada por Tatlin e Rodchenko cun carácter utilitario que se pon ao servizo da revolución no campo da enxeñería e o deseño, convertendo á arte nun producto más. A outra é simplemente estética e defende a libertade de creación. Representada por Kandinsky, Malevich, Gabo y Pevsner que defenden o subxectivo na obre de arte (e se volcarán ao Suprematismo).
A pesar da importancia do Contructivismo para a gráfica e o deseño industrial soviéticos, a inestabilidade que se produciu logo da revolución provocou que os artistas abandonaran o país (éstes foron arrastrados á pobreza e ao olvido), e que moi poucos proxectos se levaran a cabo. Algúns artistas desapareceron en campos de concentración e só tiveron éxito os que emigraron a occidente.
Naum Gabo, Cabeza No. 2, 1916. |
Comentarios
Manifiesto realista. En 1920, El Lissitzky creou o cartel Golpead a los blancos con la cuña roja, por exemplo. Suprematismo e Constructivismo son movementos que nacen coa Revolución Rusa e alguns dos pintores tiveron unha forte relación coa Bauhaus. Que pintores fuxiron de Rusia e cales foron deportados e/ou encarcelados¡
Cal é o significado dese/dese movementos na actualidade...