Cine Independente nas plataformas dixitais (Eira)


Cada vez é máis común que substituamos ir ao cine ou merca os dvds das nosas pelis favoritas por visualizar estes filmes a través de plataformas online nos nosos dispositivos.

A plataforma que máis usuarios ten é Netflix, onde podemos desfrutar dun cátalago bastante extenso de películas, series e documentais a cambio dunha cantidade de diñeiro cada mes.
Como Netflix existen máis como HBO, Amazon prime, Diney plus… O problema deste tipo de plataformas é que a maioría de cine que ofrecen é cine comercial, é complicado atopar nestas plataformas cine de autor ou independente.  


Co propósito de acoller a outros tipos de cine, en 2007 nace Filmin, unha das plataformas de referencia a nivel europeo. 
Cando se fundou, en pleno apoxeo da piratería, non xeraba beneficios, de feito tiveron que esperar 10 anos para que isto acontecese. Actualmente poden dicir con total tranquilidade que o seu esforzo esta dando os seus frutos.

A pesar de ser unha empresa pequena non teñen medo destas outras grandes compañías, de feito coa irrupción de Netflix en 2015, os seus suscriptores aumentaron considerablemente. O  máximo competidor destas plataformas é ver o cine ilegalmente gratis, polo que calquera plataforma de pago axuda a fixar a idea de pagar por ver contido, aínda que sexa online.

Filmin é a empresa española de contido na rede con máis catálogo, e é unha das pioneiras en Europa, aínda que agora só esté dispoñibel para España.


O público que consume Filmin son esecialmente cinéfilos, xa que o seu catálogo contén moito cine de autor europeo, aínda que ultimamente están ampliando o seu catálogo con clásicos de Hollywood ou películas de culto.



Está claro que estas plataformas viñeron para quedarse. Cada vez prendemos menos a tele, e sobre todo, mercamos menos películas en físico, polo que estas plataformas son necesarias se queremos gozar de contido en boa calidade e legalmente. Así que plataformas como Filmin axudan a que non sexa unicamente o cine máis comercial o que chegue, senon aportar variedade, alexándose un pouco destas producións e centrándose no cine independente.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
En globalización, independencia e financiamento xa se fala das plataformas dixitais¡ Cantas plataformas hai, de que países, cantos usuarios teñen, cantas películas independentes hai no seu catálogo, de que autores, de que asuntos, de que países, canto costan, quen está detrás desas plataformas... Nin unha soa cita. Nin un so dato, agás algo, moi pouco, relacionado con Filmin... Onde está a nosa documentación?

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela