Películas, directores e autores (Sabela e Lucía)

O que arde (Galiza)
-Xénero: Drama/ Vida rural 
-Director: Oliver Laxe
-Actores protagonistas: protagonistas: Benedicta Sánchez e Amador Arias 
-Sinopse: o pirómano Amador volta ao fogar tras ser liberado do cárcere, tendo que adaptarse de novo á vida cotiá e á convivencia coa súa nai Benedicta.
Con premios como Un Certain Regarde en Cannes, este filme galego  do ano 2019 forma parte do gran boom da nosa patria dentro da creación audiovisual independente europeo de longametraxes independentes europeas. Benedicta Sánchez, quen non participara en ningún proxecto como actriz ata entón, foi sorprendida na 38ª edición dos premios Goya, gañando a categoría de mellor actriz revelación. 

Benedicta (fotograma do filme)


Solo nos queda bailar / Da cven vicekvet (Suecia)
-Xénero: Drama
-Director: Levan Akin
-Actores protagonistas: Levan Gelbakhiani e Bachi Valishvili
-Sinopse: Mareb é un bailarín adolescente que, debido ao namoramento do seu copañeiro de baile, vive a evolución da súa sexualidade e como expresala ante un mundo pouco preparado.
Indo a clásicos temos este filme que se converteu nun icono do cine francés contemporáneo.
Levou un par de premios españois como o do festival de Valladolid a mellor actor (Gelbakhiani). Aproveita para tratar algúns temas como a homosexualidade a través do baile. 
Levan e Bachi (fotograma do filme)

Le fabuleux destin d'Amélie Poulain (Francia)
-Xénero: Comedia Romántica
-Director: Jean-Pierre Jeunet
-Actores protagonistas: Audrey Tautou, Mathieu Kassovitz
-Sinopse: Amélie é unha camareira que un día na súa casa descubre una caixa con xoguetes e decide buscar ao seu doño para devolverlla. A reacción do doño ao recuperar a caixa fai que Amélie teña un novo obxectivo na súa vida: conseguir a felicidade das persoas do seu redor.
Recibiu premios como o César e o Goya a mellor película ademais de alcanzar nominacións como a dos premios Oscar.
Amélie (fotograma do filme)

Call me by your name (Italia)
-Xénero: Drama romántico
-Director: Luca Guadagnino
-Actores protagonistas: Timothée Chalamet, Armie Hammer
-Sinopse: nárrase o namoramento entre Elio, un rapaz de 17 anos que veranea coa súa familia no norte de Italia, e Oliver, o alumno do seu pai. É un amor tan imposible, debido á época na que viven e a pouca aceptación da súa sociedade, como puro.
Baseada na novela homónima de 2007 de André Acima, a adaptación á gran pantalla gañou os premios Oscar e BAFTA a mellor guión adaptado, tendo sido nominada a moitos outros como mellor película ou mellor actor.
Elio e Oliver (fotograma do filme)

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Catro fichas de películas nas que non está a data de estrea nin o pais nin a recadación nin a financiación nin a produción...¡ En serio¡ e por que esas catro películas, inauguraron correntes, descubriron outros mundos, representan un cambio significativo, aportan que... Síntoo, pero non entendo.

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela