Lucía Villaverde García
O nacemento de Mario Benedetti
Mario
Benedetti cumpriría este 14 de Setembro 100 anos. Nado en Paso de los Toros,
Uruguai, seus pais bautizárono con nada menos que cinco nomes, seguindo os seus
costumes italianos: Mario Orlando Hamlet Hardy Brenno Benedetti Farugi.
Trátase dun
autor que produciu todo tipo de obras, de poesía como novela ou teatro; ademais
de ter unha gran labor política como militante, que tamén estivo reflectida na
súa produción literaria. Mario Benedetti pertenceu á xeración do 45 xunto con
autores como Juan Carlos Onetti, e a súa obra, ademais de ampla, tivo tal
repercusión que algúns dos seus libros foron traducidos a máis de 20 idiomas.
A día de hoxe, existe a Fundación Mario Benedetti en
Uruguai, a cal el creou no seu testamento, que se encarga de conservar a súa
obra. Por outro lado, este ano terá lugar un congreso internacional en Alicante
co motivo do centenario do seu nacemento.
A creación do Partido Comunista en España
Tras a toma de poder dos bolxeviques na
Rusia de 1917, as ideas comunistas sacudiron o sistema capitalista en moitos
países entre os que estivo España. Alí, despois de 3 anos, fundábase o Partido
Comunista Español por parte da Federación da Xuventude Socialista e o Partido
Comunista Obreiro Español (PCOE), impulsados pola Internacional Comunista
constituída en Moscú.
O PCE tivo gran importancia na historia
española, participando nas revoltas obreiras como a Revolución de Asturias en 1934
na II República. Ademais, xogou un papel crucial na guerra civil, na que defendeu
a toma de armas das milicias populares xa dende o momento do golpe de Estado. Tamén
foi esencial na organización das Brigadas Internacionais.
O partido foi ilegalizado durante a
ditadura de Franco ata o goberno de Adolfo Suárez. Nese período limitouse á
clandestinidade en España (apoiando a loita de guerrillas) e ao exilio. Unha
vez legal, pasou a ser un partido máis da democracia, experimentando unha gran
baixada arredor de 1982, e impulsando máis tarde a creación de Izquierda Unida.
Hoxe en día existen varios partidos
comunistas en España, mais apenas teñen representación en comparación co que
algún día foi o PCE.
Comentarios
que escribiu Benedetti, que signfica a xeneración do 45... Cando é este ano? que libros foron traducidos a máis de 20 idiomas... Penso que precisamos algo máis de información:
quen é. que fixo. como o fixo. cando e onde o fixo. cal é o seu significado agora mesmo tendo en conta o papel que representou...
As fotos hai que identificalas. Estamos escribindo para facer chegar as figuras ou acontecementos a outras persoas e que saiban a súa importancia.
Había que revisar o wiki...