Lucía Villaverde García

O nacemento de Mario Benedetti
Mario Benedetti cumpriría este 14 de Setembro 100 anos. Nado en Paso de los Toros, Uruguai, seus pais bautizárono con nada menos que cinco nomes, seguindo os seus costumes italianos: Mario Orlando Hamlet Hardy Brenno Benedetti Farugi.
Trátase dun autor que produciu todo tipo de obras, de poesía como novela ou teatro; ademais de ter unha gran labor política como militante, que tamén estivo reflectida na súa produción literaria. Mario Benedetti pertenceu á xeración do 45 xunto con autores como Juan Carlos Onetti, e a súa obra, ademais de ampla, tivo tal repercusión que algúns dos seus libros foron traducidos a máis de 20 idiomas.
A día de hoxe, existe a Fundación Mario Benedetti en Uruguai, a cal el creou no seu testamento, que se encarga de conservar a súa obra. Por outro lado, este ano terá lugar un congreso internacional en Alicante co motivo do centenario do seu nacemento.


A creación do Partido Comunista en España

Tras a toma de poder dos bolxeviques na Rusia de 1917, as ideas comunistas sacudiron o sistema capitalista en moitos países entre os que estivo España. Alí, despois de 3 anos, fundábase o Partido Comunista Español por parte da Federación da Xuventude Socialista e o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), impulsados pola Internacional Comunista constituída en Moscú.
O PCE tivo gran importancia na historia española, participando nas revoltas obreiras como a Revolución de Asturias en 1934 na II República. Ademais, xogou un papel crucial na guerra civil, na que defendeu a toma de armas das milicias populares xa dende o momento do golpe de Estado. Tamén foi esencial na organización das Brigadas Internacionais.
O partido foi ilegalizado durante a ditadura de Franco ata o goberno de Adolfo Suárez. Nese período limitouse á clandestinidade en España (apoiando a loita de guerrillas) e ao exilio. Unha vez legal, pasou a ser un partido máis da democracia, experimentando unha gran baixada arredor de 1982, e impulsando máis tarde a creación de Izquierda Unida.
Hoxe en día existen varios partidos comunistas en España, mais apenas teñen representación en comparación co que algún día foi o PCE.





Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Cada vez parecen máis pequenas as achegas das efemérides... Cal é o significado na actualidade. Cando se legalizou o PCE. en 1982 foron as primeiras eleccións xerais nas que se presentou e como deputada estaba Dolores Ibarruri... Non sei si queda claro a relevancia dos feitos seleccionados.
que escribiu Benedetti, que signfica a xeneración do 45... Cando é este ano? que libros foron traducidos a máis de 20 idiomas... Penso que precisamos algo máis de información:
quen é. que fixo. como o fixo. cando e onde o fixo. cal é o seu significado agora mesmo tendo en conta o papel que representou...
As fotos hai que identificalas. Estamos escribindo para facer chegar as figuras ou acontecementos a outras persoas e que saiban a súa importancia.
Anónimo ha dicho que…
Benedetti, REPETIDO POR OUTRO EQUIPO: https://operaciondocumentacion.blogspot.com/2020/02/nacemento-de-mario-benedetti.html
Había que revisar o wiki...

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela