Introdución Cine independente
O cine indie. O “outro” cine?
Dentro do
panorama do cine español, o cine independente ou indie pode definirse,
segundo os Premios do Cine Independente Español, como aquelas películas que
tiveron un presuposto menor ca un millón de euros, e que non foron
distribuídas, producidas ou participadas por grandes empresas estadounidenses
ou televisións privadas.
Esta
definición ten certas opinións contrastadas, xa que directores como Gerardo
Herrero considérano simplemente como calquera produción realizada sen que
ningunha televisión independente forme parte dela.
Por outra
banda, Lacuesta opina que é errónea esa calificación de “outro”, xa que os
directores deste tipo de cine non o conciben como unha búsqueda de
diferenciación, e resulta sendo un termo que rebaixa a súa condición coma se se
tratase doutra materia distinta.
Esteban
Crespo, director da película Amar, afirma que no seu proxecto contou con
TVE, ICAA e Comunitat Valenciana, e que ningún deles se entrometeu en cuestións
artísticas, polo que realizou a súa película con total independencia.
Polo tanto,
que podemos considerar finalmente como cine indie? Esperamos que estas
próximas entradas sexan capaces de resolver esta dúbida e ademais aporten datos
curiosos sobre esta temática.
Imaxe 1: Taller cine independiente
Comentarios
As películas e libros levan sempre o ano de estrea ou de publicación.
Hai que traballar en conxunto. Ver que todo se entende. Organizar os contidos dunha forma lóxica e non repetir por repetir. Hai que citar e buscar fontes orixinais e fiables. Hai que documentarse, necesario e imprescindible.