Introdución Cine independente


O cine indie. O “outro” cine?
Dentro do panorama do cine español, o cine independente ou indie pode definirse, segundo os Premios do Cine Independente Español, como aquelas películas que tiveron un presuposto menor ca un millón de euros, e que non foron distribuídas, producidas ou participadas por grandes empresas estadounidenses ou televisións privadas.
Esta definición ten certas opinións contrastadas, xa que directores como Gerardo Herrero considérano simplemente como calquera produción realizada sen que ningunha televisión independente forme parte dela.
Por outra banda, Lacuesta opina que é errónea esa calificación de “outro”, xa que os directores deste tipo de cine non o conciben como unha búsqueda de diferenciación, e resulta sendo un termo que rebaixa a súa condición coma se se tratase doutra materia distinta.
Esteban Crespo, director da película Amar, afirma que no seu proxecto contou con TVE, ICAA e Comunitat Valenciana, e que ningún deles se entrometeu en cuestións artísticas, polo que realizou a súa película con total independencia.
Polo tanto, que podemos considerar finalmente como cine indie? Esperamos que estas próximas entradas sexan capaces de resolver esta dúbida e ademais aporten datos curiosos sobre esta temática.

Imaxe 1: Taller cine independiente

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Síntoo, pero non vexo a necesidade, cando hai outra entrada cun intento de conceptualizar.
As películas e libros levan sempre o ano de estrea ou de publicación.
Hai que traballar en conxunto. Ver que todo se entende. Organizar os contidos dunha forma lóxica e non repetir por repetir. Hai que citar e buscar fontes orixinais e fiables. Hai que documentarse, necesario e imprescindible.

Entradas populares de este blog

Globalización, futuro e financiación do cine independiente (Julia)

FONTES CINE INDIE

Efemérides Sabela